domingo, 19 de novembro de 2017

Primeira xuntanza do alumnado de Bacharelato do club de lectura Curuxaina.



O pasado mércores 15 de novembro o grupo de Bacharelato do noso club de lectura reuniuse na cafetería do centro para comentar dúas obras de banda deseñada relacionadas polo tema: a diversidade sexual e a aceptación desta diversidade .
As obras eran: El azul es un color cálido de Julie Maroh:

Resultado de imagen de el azul es un color cálido
Foi a peferida polo alumnado. Nela a protagonista Clementine descobre o seu lesbianismo e ten que enfrontarse a falta de aceptación da súa orientación sexual nun contexto moi complicado .

O máis duro da obra , salientaron varias rapazas, foi a reacción dos pais, de total incomprensión. O máis positivo, e co que nos quedamos, as palabras de Enma, a rapaza que será a parella de protagonista: Só o amor pode salvar este mundo. Por que debería avergonzarme amar?





Resultado de imagen de fun home alison bechdel portada
A segunda obra : Fun home. Una familia tragicómica de Alison Bechdel. 

O alumnado indicou que fora unha obra difícil de ler pola cantidade de referencia literarias e mitolóxicas . Pola contra, si que se salientou de positivo a valentía da autora de contar a súa propia vida e facelo con humor e sen rancor.
A hipocrisia , a aparencia , a falta de aceptación foron os temas destacados da obra e o pai de Alison o verdadeiro protagonista por ocultar baixo un falso matrimonio perfecto a súa condición de homosexual.





Como conclusión, despois da conversa, o alumnado valorou moi positivamente e que se inclúan entre as lecturas novelas gráficas e entre os temas das obras aqueles que teñen que ver coa coeducación e coa igualdade.


domingo, 12 de novembro de 2017

A caixiña dos rancores, novo título para o grupo da ESO.

O grupo da ESO do club de lectura Curuxaina reunirase de novo o mércores 20 de decembro para comentar A caixiña dos rancores de Hector Cajaraville. Contaremos nesta ocasión coa presenza do autor.     


Imagen relacionada

Reunión do grupo de lectura de ESO para comentar De repente en lo profundo del bosque.

O pasado luns 6 de novembro reuniuse o grupo de lectura de ESO para comentar De repente en lo profundo del bosque de Amos Oz.



Na xuntanza destacouse o simbolismo e lirismo da obra e entre os temas que foron apuntados como principais atópanse: a incomprensión cara ao diferente, a soidade, a necesidade de vivir en comunidade,

Entendemos a obra como unha parábola na que a desaparición dos animais e a vida sen eles é o resultado do desprezo, o rexeitamento polo diferente e tamén da falta de comprensión que fan imposible a convivencia. 

En De repente lo profundo del bosque a memoria loita contra o esquecemento e os seus personaxes divídense entre os que asumen o que é aceptado pola maioría, é dicir, a desmemoria e aqueles que se rebelan e se resisten a asumir o presente . 
Na obra, como na vida, o final está cheo de incertidume e todas as posibilidades poderían ter lugar.

venres, 3 de novembro de 2017

El bar de las grandes esperanzas , próxima lectura do profesorado do club Curuxaina.


Resultado de imagen de el bar de la grandes esperanzas

E xa temos nova obra para ler no grupo do profesorado neste primeiro trimestre:





O grupo do profesorado comenta Del color de la leche de Nell Leyshon.


O grupo do profesorado reuniuse o pasado xoves 26 de outubro para comentar unha obra que a ninguén deixou indiferente. Conmovedora, intensa, auténtica foron algúns dos adxectivos que saíron á hora de calificala e rabia, tristeza, dor, algúns dos substantivos para definir as sensacións que produciu nas lectoras. 

Os malos tratos, abusos, discriminacións que padecen as personaxes femininas da obra contrastan coa dignidade que a protagonista mostra ante eles. Mary é a superación, a rebeldía e a escrita a súa liberación.


Na xuntanza destacouse o estilo, a verosimilitude e coherencia de quen escribe e de como o escribe. 

Outro aspecto que se sinalou foi o ritmo da historia que vai desde o presente da escrita ao pasado dos sucesos que se contan, nunha estrutura circular na que o comezo remite ao tráxico final no que entendemos a présa, o pouco tempo que di ter a narradora.protagonista.




Desde o noso club de lectura Curuxaina, recomendamos El color de la leche porque gozamos coa súa lectura e tamén coa posterior posta en común e felicitamos a Nell Leyshon por ter escrito esta marabillosa obra.



Resultado de imagen de del color de la leche