domingo, 19 de novembro de 2017

Primeira xuntanza do alumnado de Bacharelato do club de lectura Curuxaina.



O pasado mércores 15 de novembro o grupo de Bacharelato do noso club de lectura reuniuse na cafetería do centro para comentar dúas obras de banda deseñada relacionadas polo tema: a diversidade sexual e a aceptación desta diversidade .
As obras eran: El azul es un color cálido de Julie Maroh:

Resultado de imagen de el azul es un color cálido
Foi a peferida polo alumnado. Nela a protagonista Clementine descobre o seu lesbianismo e ten que enfrontarse a falta de aceptación da súa orientación sexual nun contexto moi complicado .

O máis duro da obra , salientaron varias rapazas, foi a reacción dos pais, de total incomprensión. O máis positivo, e co que nos quedamos, as palabras de Enma, a rapaza que será a parella de protagonista: Só o amor pode salvar este mundo. Por que debería avergonzarme amar?





Resultado de imagen de fun home alison bechdel portada
A segunda obra : Fun home. Una familia tragicómica de Alison Bechdel. 

O alumnado indicou que fora unha obra difícil de ler pola cantidade de referencia literarias e mitolóxicas . Pola contra, si que se salientou de positivo a valentía da autora de contar a súa propia vida e facelo con humor e sen rancor.
A hipocrisia , a aparencia , a falta de aceptación foron os temas destacados da obra e o pai de Alison o verdadeiro protagonista por ocultar baixo un falso matrimonio perfecto a súa condición de homosexual.





Como conclusión, despois da conversa, o alumnado valorou moi positivamente e que se inclúan entre as lecturas novelas gráficas e entre os temas das obras aqueles que teñen que ver coa coeducación e coa igualdade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario