Xa estamos buscando novas lecturas para a próxima xuntanza que será o 7 de marzo.
Club de lectura Curuxaina
luns, 24 de febreiro de 2025
Matilda
martes, 4 de febreiro de 2025
El juego de Ender
Despois de Ladydi, unha lectura de ciencia ficción para o Club de "maiores". A ver que opina o Club sobre El juego de Ender de Orson Scott Card na seguinte xuntanza.
Matilda
Reuniuse o Club do alumnado de 1º e 2º ESO para empezar a ler Matilda de Roald Dalh, un libro que seguro vai gustar. A profe Teresa xa puxo unha nova data de reunión para o 20 de febreiro. Ese día leranse fragmentos e comentarase a lectura.
A noite das cebolas
Reuniuse o Club do profesorado para comentar A noite das cebolas de Rosa Aneiros, unha lectura moi recomendable.
mércores, 22 de xaneiro de 2025
Novo ano, nova xuntanza
Comezamos o ano cunha nova xuntanza do club E ti que contas? Esta vez recibimos aos compañeiros e compañeiras do Colexio de Educación Especial na nosa biblioteca. Falamos das tradicións da Noitevella, de como comezou a toma das uvas, de como o pasaramos. Despois limos un conto. Temos grandes lectores e lectoras!!!